HomeEconomíaO X Cume Tapas de Monforte, unha oda á creatividade

O X Cume Tapas de Monforte, unha oda á creatividade

Na edición deste ano participan 20 locais de hostalería da cidade que elaboran as tapas do concurso ata o vindeiro día 10 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

Xa van 10 anos de concurso de tapas nos locais de hostalería de Monforte, o Cume Tapas. Dez anos nos que a innovación e aposta por novos sabores e presentacións van gañando terreo, con locais novos que se suman cada ano e unha cita ineludible na cidade por estas datas.

Nesta última edición, e baixo o apadriñamento da xornalista monfortina Manola Porto, 20 establecemento locais traballan intensamente todos os días para satisfacer os padais máis selectos dun público desexoso da chegada dunha nova edición para descubrir as sorpresas que se atoparán en cada tapa.

Beatriz Vila, presidenta da Asociación de Hostalería de Monforte, cualifica esta nova edición de “excepcional”. E é que a calidade dos pratos de concurso cada día van a máis, e non só o di ela, senón os 4 membros do xurado que todos os anos proban as maridaxes e composicións dos cociñeiros do sur lucense. Ademais este ano hai máis público que o anterior participando no concurso animados tanto polas innovacións que se introduciron no concurso como polas creacións presentadas.

Membros do xurado cualificando as tapas do concurso. Foto: Beatriz Vila.

O xurado deste ano está formado por 4 profesionais cunha longa e intensa traxectoria, experiencia e coñecementos en cociña. Quique Rodríguez é editor xefe e asesor gastronómico de gastronomiconet.com, xefe de cociña do restaurante Villa Magna de Madrid  ademais de membro do xurado de Cume Tapas dende a súa primeira edición. Francisco Javier Sánchez, xefe de sector en NH Hoteles, xerente no Casino de Arajuez e Finca la Montaña. Alberto Lareo, propietario do Restaurante Manso de Santiago de Compostela, e Roberto Regal, bodegueiro e enólogo chantadino.

Estes membros do xurado, na recta final da edición 2018 do certame, acudiron ós establecementos concursantes nesta edición co obxetivo de cualificar as creacións desta edición. Dende a súa opinión, o prezo das tapas é moi inferior en relación á calidade ofrecida. As maridaxes feitas cos viños da Ribeira Sacra, un pracer para o padal e as creacións culinarias, un espectáculo.

Un dos petiscos a concurso este ano. Foto: Cume Tapas

E é que tendo profesionais e materia prima, o éxito está garantizado. Un éxito do que tamén forma parte a Asociación de Hostelería de Monforte, que ano tras ano, son os encargados de facer que a cita gastronómica máis relevante do ano, sexa un pracer para os 5 sentidos.

 

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...