HomeCulturaGaliza Nova presenta o seu programa de actividades para a Semana da...

Galiza Nova presenta o seu programa de actividades para a Semana da Patria

Publicado o

- Advertisement -

Este luns día 15, a organización xuvenil Galiza Nova Lugo-Sul deu a coñecer as actividades que desenvolverá na terceira edición da Semana da Patria. O seu obxectivo é o de animar a mocidade a que participe na celebración do 25 de xullo.

O Círculo Recreativo e Cultural de Chantada acollerá a primeira actividade o xoves día 18 ás 20:30. Trátase dun coloquio titulado “A produción cultural en galego” e nel intervirán David Vázquez “Pinancho”, realizador de curtametraxes como “Narote” e “Asolagados”, e Xabi Castro, vocalista da banda Raiba. Ambos farán unha reflexión sobre a realidade dos creadores galegos en relación co uso da lingua. O toque musical virá o venres 19, cun Concerto pola Patria ás 22:00 na chantadina Praza do Cantón. O grupo de rap TIAM GZ, que vén de participar na Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest, subirá ao escenario para erguer aos presentes coas súas letras incendiarias.

Con todo, o prato forte da Semana da Patria virá o martes 23, xa que se levará a cabo o despregamento dunha gran bandeira da Patria dende a Ponte Vella de Monforte.

Cartaz da III Semana da Patria de Galiza Nova Lugo-Sul / Galiza Nova

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...