HomeSucesosLiberdade con orde de afastamento para un presunto agresor detido en Monforte

Liberdade con orde de afastamento para un presunto agresor detido en Monforte

O acusado de roubo con violencia e intimidación e de detención ilegal dunha muller esta mañá na cidade do Cabe quedou hai unhas horas en liberdade coa obriga de manter distancia con respecto á vítima.

Publicado o

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 1 de Monforte decretou liberdade, con prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima, para o home detido neste municipio lucense e acusado de roubo con violencia e intimidación así como tamén de detención ilegal dunha muller coa que supostamente mantivera relacións sexuais previas.

O home pasou a disposición xudicial na mañá deste mércores e quedou en liberdade horas despois pesando sobre el unha orde de afastamento con respecto á vítima.

O relato completo na noticia desta mañá en Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...