HomeMedio ambiente e PatrimonioAnalizar o patrimonio da Ribeira Sacra a partir do Camiño de Inverno

Analizar o patrimonio da Ribeira Sacra a partir do Camiño de Inverno

Este é o obxectivo dun seminario que terá lugar do 2 ao 6 de setembro na Casa Grande de Rosende, en Sober. Nesta primeira edición, o estudo sobre paisaxe e patrimonio analizará só o tramo que transcorre entre Quiroga e Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

A Casa do Concello de Sober acolle hoxe luns 22 de xullo, ás 10:30 h., a presentación dun seminario sobre as pegadas do Camiño de Inverno nas paisaxes da Ribeira Sacra. Ademais do alcalde, Luis Fernández Guitián, estará Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe.

A organización correrá a cargo da Fundación Juana de Vega, a través da Escola Galega da Paisaxe, e enmárcase no programa O Teu Xacobeo, posto en marcha por Turismo de Galicia.

A primeira edición de este workshop, coordinada polo doutor Mario Crecente, terá lugar do 2 ao 6 de setembro na Casa Grande de Rosende, en Sober, e estará dedicada ao tramo entre Quiroga e Monforte de Lemos desta vía xacobea.

O obxectivo deste seminario é analizar as paisaxes e patrimonios da Ribeira Sacra e propoñer estratexias de delimitación, intervención e desenvolvemento a través dun traballo multidisciplinar con distintos axentes.

ÚLTIMAS

O Museo do Ferrocarril de Galicia amplía espazo expositivo

A nova sala, que se vén de abrir, recolle elementos relacionados coa historia e...

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...