Homesociedade'Festa da Queima das Fachas' en Taboada

‘Festa da Queima das Fachas’ en Taboada

A noite do sábado 7 de setembro é o momento máis esperado desta celebración que se alongará ata o luns ao mediodía. A Deputación de Lugo colabora cunha achega económica de 3.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde de Taboada, Ramiro Moure, a Deputada de Turismo, Pilar García Porto, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro Orol, e o Presidente da Asociación Cultural as Fachas, Manuel Fidalgo, presentaron este mércores na Escola de Castelo de Taboada a tradicional Festa da Queima das Fachas.

A deputada García Porto sinalou que é unha cita cultural “que permite manter viva unha tradición importante, non só polo que representa a nivel cultural, que o ten, senón a nivel etnográfico. Unha tradición importante para a contorna, pero tamén para toda Galicia, porque quedan moi poucas celebracións destas características”. “Este tipo de eventos dinamizan social e economicamente a comarca”, subliñou.

Trátase dunha festa de tradición celta, que se mantivo durante a época romana, ata o punto de sobrevivir ata os nosos días. Asistir á Queima das Fachas, declarada de Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha viaxe á cultura galega máis ancestral. Na festa quéimanse arredor dunha trintena de fachas enriba do castro.

Programación

Sábado 7

21:00 h. Comezo da festa cunha gran pulpada e amenizada por un grupo de gaitas.

23:30 h. Momento no que se procede á tradicional ‘Queima das Fachas’. A continuación, verbena para dar continuidade festiva a esta gran noite.

Cartel

Domingo 8

13:30 h. Misa solemne en honor a Santa María e sesión vermú. Pola noite, máis actuacións musicais.

Luns 9

13:30 h. Misa solemne e sesión vermú con animación de actuacións musicais.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...