HomeSucesosExtinguido o incendio do pasado día 5 en Monforte, mentres aparecen novos...

Extinguido o incendio do pasado día 5 en Monforte, mentres aparecen novos focos en Lemos e Quiroga

Na tarde noite deste pasado luns 9 de setembro declarábase un incendio en Monforte, preto da zona arrasada polo lume que se vén de dar por extinguido, e outro en Quiroga, na marxe esquerda da N-120 entre Bendilló e Montefurado.

Publicado o

- Advertisement -

O lume que se iniciaba o xoves, 5 de setembro, na parroquia de Seoane, no Concello de Monforte, dábase por extinguido este luns, día 9 ás 21.19. Segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas, das cales 255 son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción participaron 3 técnicos, 15 axentes, 77 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

E mentres se pechaba este incendio aparecían novos focos en Monforte e Quiroga. O de Monforte comezou sobre as 19:00 h. deste luns, día 9, a carón da estrada LU-617 que comunica Monforte con Escairón. Segundo contan testemuños do mesmo, o lume prendeu en dous focos, un na ‘zona da fonte’ -preto do barrio do Eivedo- e outro na coñecida como ‘zona da curva’.

A estrada indicada tivo que ser cortada, de igual xeito que se fixo hai poucos días no gran incendio de Seoane que afectou a unha extensión de 465 hectáreas, por mor do fume e para deixar traballar aos servizos de extinción.

A voz de alarma foi dada polos veciños e veciñas, que intentaron apagalo ata que chegaron varias brigadas forestais e os bombeiros de Monforte, achegándose ao lugar tamén patrullas da Policíca Local, Policía Nacional e Garda Civil. Tal como nos relata un veciño de Moreda, “por sorte ás 20:30 h estaba apagado… alguén que nos quere mal”.

Novos incendios en Quiroga e ribas de sil, outra vez na contorna da N-120

Cando semellaba ter rematado o pesadelo dos contínuos incendios nas marxes da N-120, na contorna do sur de Quiroga e Ribas de Sil, o lume volveu facer acto de presenza.

Este pasado domingo 8 de setembro na estrada que comunica Peites -Ribas de Sil- coa N-120 declarábase un incendio ao mediodía, foco que por sorte foi apagado ao pouco tempo.

Zona queimada en Peites. Foto: JMV

Pero non queda aí a cousa, porque un día despois, este pasado luns 9 de setembro, grupos de whatsapp alertaban doutro foco declarado xa pola noite na marxe esquerda do tramo de N-120 e dirección A Rúa, no tramo entre Bendilló e Montefurado.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...