HomePolíticaJosé Tomé amorea cargos e responsabilidades

José Tomé amorea cargos e responsabilidades

Ao cargo de Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde do Concello de Monforte hai que sumarlle agora o posto de 'Presidente do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo'.

Publicado o

- Advertisement -

José Tomé Roca foi elixido, este martes 10 de setembro, Presidente do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nunha sesión extraordinaria do Pleno da entidade, celebrada na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos.

Neste mesmo pleno tamén tomaron posesión os deputados Pilar García Porto e Efrén Castro Caloto. Con estas novas eleccións, o Consorcio Provincial de Bombeiros constitúeno tres representantes da Xunta de Galicia e outros tres da Deputación.

Ademais, formarán parte do Consorcio aqueles Concellos da provincia que contan con parques de bombeiros. No caso do sur de Lugo cómpre sinalar os nomeamentos da primeira  tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido e o rexedor de Chantada, Manuel Varela. Estes dous últimos non acudiron ao devandito pleno e estiveron representados por outros membros da corporación; o alcalde de Sarria estivo representado polo concelleiro de Seguridade, Félix Seijas e o rexedor de Chantada, Manuel Varela polo tenente de alcalde, Diego Otero.

Os cargos de presidencia e vicepresidencia renóvanse cada vez que se renovan os cargos dalgunha das administracións consorciadas. Neste caso, como consecuencia das eleccións municipais celebradas no mes de maio, tívose que proceder a estes nomeamentos.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....