HomesociedadeDe Vacas, Combo Dominicano e Panorama nas festas de Paradela

De Vacas, Combo Dominicano e Panorama nas festas de Paradela

O Concello de Paradela honra á Virxe das Dores do 20 ao 22 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado venres, 20 de setembro, comezaban as festas de Paradela cun dos pratos fortes deste ano, a orquestra Combo Dominicano.

O sábado 21, misa solemne na honra á Virxe das Dores ás 13:30 horas e a partir das 23:30 da noite terá lugar no campo da festa a actuación do grupo De Vacas. A actuación forma parte do seu “Tour Vacanal 2019” e chega a Paradela a través do programa Cultura no Camiño que promove a Xunta a través do Agadic.

A continuación, as veciñas e os veciños poderán gozar na verbena coa música da orquestra Claxxon.

A programación prevista para o domingo 22 comezará co pasarrúas da Banda de Música Ars Nova. Ás 13.30 horas terá lugar a procesión seguida da sesión vermú e a mostra dun artesán de forxa. Pola tarde, ás 18:00 h., disputarase o partido de fútbol entre o SD Paradela e o SDC San Lázaro e a partir das 19:00 h. os amantes da maxia poderán gozar co Mago Iago na Escola Vella. Iago é un cativo de Monforte, con nai de Paradela, que tivemos a ocasión de entrevistar en Xornal de Lemos para dar a coñecer a súa historia e o seu talento para esta disciplina artística.

Mago Iago. Foto: Iván Fernández

E xa pola noite outro dos pratos fortes da fin de semana, verbena animada pola orquestra Panorama.

De cara ao domingo 29, día no que se celebra o San Miguel, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne con procesión, haberá sesión vermú, festa e verbena a cargo da orquestra Miramar.

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...