HomeMedio ambiente e PatrimonioC@urel Vivo demanda solucións para o castelo de Carbedo

C@urel Vivo demanda solucións para o castelo de Carbedo

C@urel Vivo presenta unha moción para averiguar o titular real do Castelo de Carbedo, un dos tres BIC do concello de Courel.

Publicado o

- Advertisement -

O castelo de Carbedo, declarado Ben de Interese Cultural no 49, é un dos 3 BIC do concello do Courel. A formación política amosa a súa satisfacción pola retirada da torre eléctrica próxima ao castelo, sen embargo lamenta que a este proceso se adicaran 50.000€ de diñeiro público, que, consideran, debería de desembolsar a distribuidora eléctrica.

Unha vez retirada a torre eléctrica, C@urel Vivo cre que é o momento de esixir ás administracións a posta en valor do castelo, “dos máis antigos do país”. Demandan a súa escavación e marcación do perímetro, desenvolvendo actuacións que eviten o seu derrube, “Esta idea é a que aseguraban Arqueólogos e catedráticos no II Seminario de patrimonio cultural do Courel, cando se lles preguntou como o poñerían en valor”, afirman desde C@urel Vivo.

O labor do concello debe comezar, segundo C@urel Vivo, comprobando o titular do castelo, para solicitar a súa cesión. A este respecto xa preguntaron á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que descoñece a quen pertence. Por iso C@urel Vivo presenta moción para que o concello atope ao titular e obrige a facerse cargo do BIC e no caso de ser necesario que a Deputación se faga cargo do mantemento do castelo. “Porque a perda do noso patrimonio, sumada á perda de servizos, de poboación, de actividade económica, das pragas dos nosos soutos, do abandono da labranza, non axuda a reverter a situación que sufre a nosa serra”, conclúen desde C@urel Vivo.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...