HomeSucesosPiden dez anos de cárcere para un acusado de distribuír pornografía infantil

Piden dez anos de cárcere para un acusado de distribuír pornografía infantil

Utilizaba perfís e grupos en redes sociais como Facebook, Twitter e un grupo de 'Whatsapp' para compartir imaxes de evidente contido sexual nos que aparecían nenas de 13 anos e adultos tendo relacións.

Publicado o

- Advertisement -

Un home, veciño do sur da provincia, enfróntase a 10 anos de prisión, acusado de distribuír pornografía infantil a través de redes sociais e de almacenar vídeos e imaxes de contido pedófilo en diversos dispositivos e sistemas de almacenaxe. O xuízo celebrarase o día 12 na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

O acusado conectábase a través de redes wifi de locais públicos, como a autoescola á que acudía e a dous establecementos de hostalaría do municipio de Taboadela, onde chegou a compartir imaxes de contido pedófilo a través de Internet.
Deste xeito, utilizaba perfís e grupos en redes sociais como Facebook, Twitter e nun grupo de ‘Whatsapp’, nos que chegou a compartir imaxes de evidente contido sexual nos que aparecían nenas de 13 anos e adultos tendo relacións.
Posteriormente chegouse a rexistrar o domicilio do acusado, JM.F.S., onde se lle incautaron diversos discos duros, teléfonos e sistemas de almacenaxe. Tras a análise destes dispositivos recuperáronse miles de imaxes e vídeos que foran borrados, entre os que se atopaban varios arquivos de pornografía infantil nos que aparecían menores tendo sexo con adultos.
O home está acusado de delitos continuados de corrupción de menores por difusión e por posesión de material pornográfico con menores de 13 anos, polos que a fiscalía solicita 10 anos de cárcere.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...