HomeCulturaA música e o humor, protagonistas en Sarria

A música e o humor, protagonistas en Sarria

Hoxe dan comezo as Festas de San Xoán, unha celebración que cada ano adquire máis relevancia nesta vila luguesa. O programa desta edición destaca pola animación musical e pola noite de comedia do venres.

Publicado o

- Advertisement -

O comezo oficial dos festexos terá lugar esta noite a partir das 20:30 h. co pregón da artista sarriana Violeta Bernardo. A continuación, tirada de foguete e actuación de diferentes formacións na praza da constitución: coral de Sarria, banda municipal, asociación peleiriños e asociación meigas, trasnos e cabezudos. A cita co grupo “DEVACAS” será a partir das 22:30 h na praza de Santa Mariña.

O venres tócalle o turno ao humor, primeiro co espectáculo infantil “Saaabor!” no Paseo do Malecón ás 19:00 h. e despois co espectáculo de humor “O Recuncho da Comedia” que este ano contará coa presenza de Xosé A. Touriñán, David Perdomo e Ledicia Sola. Será na Praza da Vila ás 21:30 h.

O mesmo venres a partir das 23:30 h. dará comezo na Praza da Vila o Festisar 2018 coa actuación dos grupos: “Los Literales”, “R.A.S.” e “Acapulco 94”.

Cartel San Xoán 2018 de Sarria

Para a fin de semana animación infantil e inchables para os máis pequenos, concursos de saltos acrobáticos, Food Trucks, actuacións musicais en horario de sesión vermú en diferentes puntos da vila e concertos moi interesantes para a noite. O sábado a partir das 23:00 h. actúan os grupos tradicionais “Eoas” e “Tiruleque” tras unha queimada popular e o domingo ás 22:30 h o mítico grupo Siniestro Total.

Para domingo destacar tamén dúas interesantes propostas, o espectáculo infantil “A chungatrona” a cargo de Peter Punk, no parque do Chanto ás 19:00 h. e o espectáculo “Os sons esquencidos” do músico sarriano Abraham Cupeiro na Praza da Vila.

Xoves e domingo noite haberá verbenas amenizadas por grandes orquestras e para consultar o programa ao detalle visitar a web do concello.

 

ÚLTIMAS

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...