HomeOpiniónOPINIÓN: O avance imparable das bicicletas eléctricas

OPINIÓN: O avance imparable das bicicletas eléctricas

A bicicleta é un vehículo que dá liberdade, esa sensación cando pedaleamos co aire na cara, que todos os nenos deberían de poder sentir. Agora tamén os que teñen dificultades especiais, como autistas ou con parálise cerebral, como Laura, a nena do tándem inverso, creado en Monforte para que ela e todos os que como ela non poden gozar desa liberdade de pedalear co aire na cara, poidan facelo con plena seguridade.

Publicado o

POR
Manuel Díaz Ares, Terapeuta Reiki e responsable de Bicicletas Integral
- Advertisement -

Desde hai dous anos estamos a ver en Galicia un avance importante na utilización das bicicletas eléctricas. Iso si, como case todo con certo atraso respecto a outras zonas do estado español e bastante máis respecto a Europa. Pero por fin xa estamos a vivir un importante auxe na utilización da bicicleta eléctrica, non só nas cidades, senón tamén para o esparexemento deportivo.

A bicicleta é un vehículo que dá liberdade, esa sensación cando pedaleamos co aire na cara, que todos os nenos deberían de poder sentir. Agora tamén os que teñen dificultades especiais, como autistas ou con parálise cerebral, como Laura, a nena do tándem inverso, creado en Monforte para que ela e todos os que como ela non poden gozar desa liberdade de pedalear co aire na cara, poidan facelo con plena seguridade.

Persoas maiores ás que pedalear fáiselles custoso pola idade tamén poden volver gozar dos paseos en bicicleta grazas ás bicicletas eléctricas. Coa bicicleta eléctrica é certo que non se fai o esforzo, aínda que si se fai o exercicio, de vital importancia para manter a tonalidade muscular. Estamos a ver como moitas persoas que doutra maneira non utilizarían a bicicleta, coas eléctricas están a facelo, conseguindo, en pouco tempo, recuperar vitalidadeBicicletas Integral non só fai bicicletas eléctricas á medida e ao gusto do usuario, tamén electrifica a bici que utilizas habitualmente, conseguindo un aforro no custo.

Bicicleta eléctrica / Manuel Díaz

Investir nunha bicicleta é investir en saúde. Déixovos unha poesía escrita por un usuario da bicicleta, goza do sopro de vida que dá a bicicleta.

Cando vou en bicicleta

Vexo pasar o mundo moito máis rápido. Máis fluido.

O vento acariña o meu rostro, a choiva azouta o meu corpo.

Atrás, no afastado asfalto, queda o medo,

Pois na densa xungla urbana, xa sexa en Lugo ou Calcuta-Madrás

Eu, do mesmo xeito que todos os ciclistas, son un condutor máis.

Vexo que os problemas se desinflan sós.

Que o meu corpo voa libre do estático cativerio.

A gris monotonía tropeza.

Corpo, mente e alma. Unha soa forza.

Na velocidade, a máquina cobra vida…

E só hai que pedalear! Xogar un pouco coa física!

Cada un ao seu ritmo, sen présa!

Non hai carreira algunha que gañar, cando se monta en bicicleta…

Un penetra nun estado máxico.

sente livián, mesmo na maior costa.

Porque a pena e o gris do mundo…

Non son capaces de chegar tan alto.

Vexo, cun ollo máis atento, a natureza do vento.

E confirmo, que o tempo se detén no infinito.

Vexo a velocidade do mundo. O rápido cabalgar do destino.

E confirmo, que agora, sería capaz de adiantalo.

Pois, cando vou en bicicleta…

Entro nun mundo máxico.

E son capaz, nese estado, de sentir aquilo que pasa desapercibido.

Pois montar en bicicleta…

É liberdade.

A liberdade que esquecemos.

A sensación fantástica gravada na infancia

que regresa a nós como unha vella amiga,

Incondicional seguidora das nosas peripecias

por tantas polvorentas sendas.

Estrelas no firmamento. E o rítmico pedalear solitario

Do ciclista nocturno, que libre, escapa de calquera horario.

Po na cara, o cortante vento frío,

Do aguerrido ciclista na montaña, que confronta o roteiro, sen medo.

Bicicleta solitaria na mañá, como can fiel, agardando ao seu dono.

É o ciclista urbano, que con soltura, burla o denso tráfico.

E como esquecer, o lento pedalear do avó, no seu arcaico dispositivo.

Que con medio século ás súas costas, resiste estoico o camiño.

E aquel afable mecánico, de man experta e corazón compasivo.

Só podo dicir na súa honra, que me alegro moito de coñecerlo.

Sen el, este poeta, non sería o mesmo.

E xa por último, cando vou en bicicleta.

Un sorriso apodérase do meu rostro.

Pois aos mandos do meu versátil vehículo…

Son capaz de deixar atrás…

Todo o que pese demasiado.

Bicicleta eléctrica / Manuel Díaz

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...