HomesociedadeNovas axudas para a rehabilitación de vivendas en Quiroga

Novas axudas para a rehabilitación de vivendas en Quiroga

A veciñanza de Quiroga poderá acollerse a novas axudas para a rehabilitación de vivendas e fachadas grazas a dous programas durante este ano, un deles a nova convocatoria do ARRU para actuacións de rehabilitación na vila de Quiroga e Pacios de Mondelo; e o outro axudas municipais para a rehabilitación de fachadas.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Quiroga vén de aprobar as bases para a concesión de subvencións para a rehabilitación de vivendas e edificios dentro da 7ª fase do convenio entre o Concello de Quiroga, a Xunta de Galicia, e o Goberno Estatal, no ámbito das Áreas de Rexeneración e Renovación Urbana (antigo ARI).

Ao amparo deste programa de axudas, que conta cun importe de 217.500 €, poderanse levar a cabo actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas unifamiliares naqueles barrios do casco histórico.  Incluíndo melloras na eficiencia enerxética e sustentabilidade, na seguridade de utilización e de accesibilidade en vivendas.

Este convenio  de Reurbanización e Renovación Urbana tamén inclúe a realización de obras de mellora de espazos públicos e a execución de obras de demolición e edificación de vivendas de nova construción.

O outro dos programas ao que se poderán acoller aquelas vivendas que non entren dentro do ARRU, é un programa integramente municipal que o Concello de Quiroga poñerá en marcha para contribuír aadecentar as fachadas.

Esta programa que se aprobará dentro dos presupostos municipais terá cargo retroactivo polo que xa se poden pedir as axudas. Este programa, ao que o concello destinará 100.000 euros, financiará soamente os traballos nas fachadas, tanto de vivendas como de garaxes ou almacéns que linden coa vía pública.

Neste primeiro ano centrarase naquelas zonas máis visibles, polo que serán as vivendas situadas nas rúas Real, Pereiro e Caurel e na travesía da Ribeira, as que poderán optar estas axudas durante este ano.

Con esta iniciativa o Concello de Quiroga pretende que a vila quiroguesa ofreza o mellor aspecto posible, de acordo coas expectativas dun Xeoparque Mundial. Aínda que en palabras do alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, “xa se leva feito un gran recorrido nesta materia nos últimos anos, preténdese que nun par de anos se poida chegar a ter o 100% das fachadas arranxadas”. Para poder solicitar estas axudas deberán de dirixirse a oficina da vivenda situada na antiga cárcere.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...