HomeEconomíaBóveda, O Incio e A Pobra do Brollón únense para un obradoiro...

Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón únense para un obradoiro de silvicultura

O Concello da Pobra do Brollón, o Concello de Bóveda e o Concello do Incio uníronse para solicitarlle á Xunta un obradoiro de emprego. Con este obxectivo os alcaldes das tres localidades veñen de manter unha xuntanza de traballo co delegado territorial de Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para coñecer o procedemento a levar a cabo e poder demandar o taller de emprego.

Publicado o

- Advertisement -

Os tres concellos solicitarán en conxunto un obradoiro de silvicultura no que poderán participar persoas desempregadas destas tres localidades. Neste ano 2020 a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará a posta en marcha de 14 obradoiros de emprego que implican a 32 concellos da provincia de Lugo, para o que destina un orzamento de 4,4 millóns de euros.

Ao mesmo tempo, mantense aberta a convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas. Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

Entre os criterios de valoración desta convocatoria destaca a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores; de aí que Bóveda, O Incio e Pobra do Brollón decidiran concorrer conxuntamente.

ÚLTIMAS

Daveiga dá a coñecer o seu ‘modelo de economía social’ ás novas xeracións con visitas escolares

Dende a sociedade explican que se puxo en marcha no curso 2019-2020 como un proxecto piloto....

O Concello de Chantada xa suma 3 vehículos eléctricos á flota municipal

Os dous novos vehículos teñen un orzamento de 88.400€, dos que o Concello de...

60.000€ na mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Deportivo de Oural

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado...

O PP de Monforte pedirá en pleno iniciar os trámites para contar cun PXOM actualizado á normativa vixente

A voceira municipal do PP, Katy Varela, sinala que o Concello de Monforte de...