HomeSucesosXulgan cinco prestamistas por secuestro e extorsión ao dono dun club de...

Xulgan cinco prestamistas por secuestro e extorsión ao dono dun club de alterne

Xulgaranos por, presuntamente, ameazar, secuestrar e golpear ao propietario dun club de alterne en Quiroga , quen lles pediu 12.000 euros a un interese do 25%.

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo celebrará os días 26 e 27 o xuízo contra cinco prestamistas acusados de ameazas, secuestro, lesións e extorsión, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

En concreto, xulgaranos por, presuntamente, ameazar, secuestrar e golpear ao propietario dun club de alterne en Quiroga , quen lles pediu 12.000 euros a un interese do 25%.

Ao chegar a data pactada para a devolución do diñeiro, en marzo de 2009, segundo relata o fiscal no seu escrito de cualificación, non o devolveu na súa totalidade.

Por iso, os acusados, presuntamente, agredírono tras obrigarlle a subir a un coche, ademais extorsionar noutras ocasións tanto a el como aos seus familiares, residentes en Monforte de Lemos, esixíndolles o pago de 150.000 euros.

Os acusados tamén o obrigaron a pasar a noite en moteis, “impedindo que regresase ao seu domicilio debendo acompañarlles polo diferentes pub da zona que frecuentaban sen ter posibilidade de dispor da súa liberdade e sufrindo constantes ameazas”.

No seu escrito, o Ministerio Público solicita para dous das sospeitosos penas de 15 anos de cárcere e, para o resto, nove anos de prisión.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...