HomesociedadePor un Interior Galego Vivo ante a crise do coronavirus

Por un Interior Galego Vivo ante a crise do coronavirus

As entidades, candidaturas, grupos municipais e persoas da Plataforma Por un Interior Galego Vivo (IGV) póñense a disposición dos respectivos gobernos locais para colaborar no que sexa necesario na abordaxe da crise do coronavirus e para garantir o cumprimento das recomendacións das autoridades sanitarias.

Publicado o

- Advertisement -

Ante a situación de crise creada polo coronavirus, Por un Interior Galego Vivo considera que se debe ter en conta a maior vulnerabilidade das poboacións avellentadas, con fondos e programas extraordinarios e máis precaución se queremos limitar a incidencia da pandemia.

O colectivo solicitaba á Xunta, antes de que a Xunta decretara a alerta sanitaria e o Goberno do Estado o estado de alarma, máis fondos para as equipas de servizos sociais e reforzar a atención ás persoas maiores nos domicilios, polo peche de centros de día e a necesidade de non saír da casa.

Pedían apoio económico para planos de axuda social ás persoas máis maiores que viven soas: seguimento da súa situación, apoio para facer as tarefas cotiás como a compra, información para evitar o medo (cun teléfono de apoio ao maior específico), etc.

A Plataforma solicitáballe ao Estado un paquete social destinado a autónomos e PEMES para moratorias nas hipotecas e degravamento dos impostos durante o período, que se demandara a todas as AA.PP e á empresa privada o teletraballo, fechando os centros físicos na medida do posible e limitar os movementos da poboación para evitar espallar velozmente a transmisión da pandemia desde os focos de maior incidencia.

Aos concellos, Por un Interior Galego Vivo pedíalles facer labor explicativa para aclarar dúbidas e deter o alarmismo, facendo chegar os bandos municipais e a información oficial sobre o coronavirus a todos os fogares, a cesión das instalacións municipais para calquera eventualidade e exixir protocolos claros para como actuar coa poboación que estaba chegando desde zonas de risco, que os enterros se celebraran na intimidade e a suspensión dos cabodanos e cerimonias relixiosas. Rematan pedindo trasladar á FEGAMP a necesidade de contar con protocolos unificados en relación ás medidas adoptadas polos Concellos.

ÚLTIMAS

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...