HomeMovementos sociaisMonforte convértese en pasarela por unha noite

Monforte convértese en pasarela por unha noite

Os eventos de esta índole son organizados polo Centro Comercial Aberto da cidade

Publicado o

- Advertisement -

Na noite do 30 de xuño, as rúas do centro de Monforte vanse converter nunha pasarela de moda.

Dende o CCU (centro comercial aberto) e en colaboración cos establecementos asociados, vaise celebrar a Fashion Night 2018.

Cartel da Fashion Night 2018/CCU

A partires das 20:00 horas, gran parte dos comercios da vila permanecerán abertos para o público á par que ofrecerán descontos especiais para facer máis atractivas as compras. Ademais, vanse celebrar 3 desfiles a pé de rúa. O primeiro será ás 20:00 horas na Rúa Cardenal; ás 21:00, na Rúa Hermida Balado e finalmente, ás 22:00 horas, na Rúa Comercio e Doutor Teixeiro. Nestes 3 pasarelas, os veciños da localidade, organizados por idade, amosarán as últimas tendencias e moda e calzado dos diferentes comercios monfortinos.

Os desfiles estarán protagonizados polos veciños da localidade. De entre todos eles, seleccionaranse nenos e adultos para participar o vindeiro día 8 de setembro na Pasarela Monumental onde terán a oportunidade de desfilar con modelos profesionais.

Para rematar a xornada, ó redor das 22:45, dende o CCU vaise organizar unha solta de 500 globos con varios premios, 5 de eles en metálico, e os restantes, en vales de 50 euros que irán selados pola organización. Cada vale terá que ser gastado nos comercios asociados polo unha mesma persoa e nun mesmo comercio. O prazo para facelo será ata a 1:30 da madrugada.

 

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...