HomeTerra de Lemossanidade371 casos activos na provincia, 68 en hospitalización

371 casos activos na provincia, 68 en hospitalización

A CIG Saúde en Monforte demanda á dirección do Hospital Comarcal que se fagan test a todos os traballadores que estiveran en contacto con algunha persona que dera positivo en coronavirus.

Publicado o

- Advertisement -

Os últimos datos da Consellería de Sanidade sobre a área sanitaria de Lugo, con respecto á incidencia do COVID19, falan de 371 casos activos na provincia. 80 novos casos que se suman aos 291 contabilizados. Aumentan en 4 o número de pacientes ingresados na UCI, contabilizándose 12; 4 deles no Hospital da Mariña e 8 no HULA.

68 persoas con COVID19 están en hospitalización, 9 máis ca onte; 16 deles están no Hospital da Mariña, 9 no Hospital Comarcal de Monforte, 2 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. 291 casos detectados están nos seus domicilios, incrementáronse en 70.

Este martes, 31 de marzo, desde a CIG-Saúde en Monforte denúnciase, en nota de prensa, a “desprotección total á que están sometidos os traballadores do centro e nalgúns centros de saúde da contarna.

Aseguran que hai casos de traballadores confirmados con coronavirus e que aos compañeiros que estiveron en contacto con eles non se lles fai o test; para confirmar se son ou non positivos. O servizo de medicina do traballo asegúralles que se segue o protocolo “e que só fan o test si tés síntomas, se non que non fai falta. Nós non estamos para nada dacordo con esta afirmación, xa que coñecemos  casos totalmente asintomáticos e que son positivos.”, sinalan desde a CiG Saúde.

Insisten desde o sindicato na gravidade da situación, porque o persoal sanitario que estea infectado sen sabelo, pode estar contaxiando a outros compañeiros e pacientes. “É necesario asegurar que non sexamos axentes de transmisión da infección. Por todo elo esixímoslle a esta dirección que se fagan test a todos os traballadores que estiveran en contacto con algunha persona que dera positivo en coronavirus.”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...