HomeOpiniónDiario de corentena: O dereito a soñar libremente

Diario de corentena: O dereito a soñar libremente

O outro día soñei que contraera o coronavirus. Xa me estaba estrañando moito que o meu subconsciente non caera niso…, pero todo chega. No mesmo ̶s̶o̶ñ̶o̶ pesadelo, asistía a unha multitudinaria misa de Ramos que estaba presidida por Felipe e Letizia. Oe, marabilla! Todo o que aborrezo nun único espazo!

Publicado o

POR
Silvia López
- Advertisement -

Como única autoridade competente na miña cachola, declaro o estado de calma en todo o territorio mental. O Ficticio Decreto 1/2020, do 8 de abril, para a regulación dos soños confinados desordena o caos psicolóxico. Non está permitida a intrusión de pensamentos negativos agás veñan acompañados dunha solución. Non é aconsellable ler noticias da pandemia antes de durmir. Todas as forzas e o único corpo do Estado velarán pola desinfección das emocións tóxicas. Sigue o Diario de Corentena no Lugo Xornal.

[ Esta peza forma parte dun ‘Diario de corentena’ conxunto que se ha ir escribindo dende o Lugo Xornal, o Xornal da Mariña e o Xornal de Lemos ]

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...