HomesociedadeMascarillas infantís para os nenos de Sober

Mascarillas infantís para os nenos de Sober

O Concello de Sober porá a disposición de todos os nenos e nenas empadroados na localidade mascarillas hixiénicas infantís reutilizables.

Publicado o

- Advertisement -

As mascarillas terán un deseño adaptado á poboación infantil e serán de dúas tallas. Para nenas e nenos de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos. Para menores de 3 anos as autoridades sanitarias non recomendan o uso delas. Entregaranse dúas por neno e nena e un manual de uso.

As mascarillas estarán a disposición dos nenos e nenas de Sober antes do 27 de abril, data fixada polo Goberno do Estado para que poidan saír da casa.

Serán mascarillas de triple capa de material téxtil recomendado polo Ministerio de Sanidade e poñeranse a disposición dos pais nas farmacias de Sober a mediados da vindeira semana.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...