HomesociedadeMonforte emite o pleno de hoxe por streaming

Monforte emite o pleno de hoxe por streaming

O primeiro Pleno Extraordinario telemático do Concello de Monforte poderá seguirse por streaming este venres, 24 de abril, ás 20.00 horas,

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte celebra hoxe, por primeira vez por vía telemática, un Pleno extraordinario da Corporación Municipal no que se abordarán 3 puntos incluídos na orde do día.

A celebración a través de medios telemáticos deste Pleno extraordinario lévase a cabo por motivos de seguridade, a fin de evitar o contacto físico directo entre os membros da Corporación, tal e como indican as medidas determinadas polo estado de alarma decretado polo Goberno de España ante a crise sanitaria do Covid-19.

De esta forma, toda aquela persoa que desexe seguir a sesión do Pleno por streaming (en directo) poderá facelo a través do seguinte enlace:

https://youtu.be/N0xRqVfnvOY

A orde do día deste Pleno Extraordinario contará con tres puntos relacionados coa incorporación de remanentes de tesourería ó orzamento municipal, a aprobación inicial do Regulamento da Agrupación Municipal de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil do Concello de Monforte, e a aprobación para consulta pública previa do Regulamento de uso, reserva e aluguer de instalacións deportivas municipais do Concello de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...