HomesociedadeMelloras de vías provinciais en Monforte e Sober por máis 500.000 euros

Melloras de vías provinciais en Monforte e Sober por máis 500.000 euros

No concello de Monforte de Lemos aprobouse a adxudicación da obra de acondicionamento da estrada de acceso ao Pazo de Tor, a LU-P-3207, nun treito de 3,3 quilómetros, por 477.830,36€.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira Xunta de Goberno da Deputación desde o estado de alarma, aprobou a adxudicación de traballos en estradas provincias e infraestruturas por case 743.000€, en catro concellos da provincia. As actuacións desenvolveranse nos municipios de Monforte de Lemos, Sober, Guitiriz e Castro de Rei.

No concello de Monforte de Lemos aprobouse a adxudicación da obra de acondicionamento da estrada de acceso ao Pazo de Tor, a LU-P-3207, nun treito de 3,3 quilómetros, por 477.830,36€. As actuacións consisten na ampliación da pista existente que accede ó Pazo, nunha lonxitude de 600 metros, entre os puntos quilométricos 2,7 e 3,3. Ademais, dotarase, tanto ao enlace coa LU-617 como a todo o tramo completo de máis 3 quilómetros, do pavimento definitivo a base de mestura asfáltica en quente. A actuación dentro da finca consistirá nun novo vial ata o aulario, con novos accesos, unha rotonda para cambiar o sentido da circulación e estacionamentos para coches e autobuses. As obras terán un prazo de execución de 6 meses e está previsto que poidan comezar no verán.

No concello de Sober tamén se adxudicou a obra de rehabilitación do firme da estrada LU-P-5902, por importe de 61.347€. As obras realizaranse nesta vía que conecta o núcleo de Canaval con Rosende e Arxemil, entre os quilómetros 3,5 e 4,5. Os traballos consisten na reapertura de cunetas, pavimentación co estendido dunha capa de mestura bituminosas en quente sobre o firme existente e sinalización horizontal. Estas obras contan cun prazo de execución de 6 meses.

Plan de aforro enerxético nos concellos ILUMIN@

A Xunta de Goberno deste venres deulle o visto e prace á contratación por lotes do servizo de asistencia técnica ao responsable do contrato da subministración e instalación de material eléctrico de iluminación con material LED para o plan de aforro enerxético nos concellos que impulsa a Deputación, ILUMIN@. Esta iniciativa está cofinanciada nun 80% polos fondos FEDER, asumindo a institución provincial o 20% restante.

Este contrato ascende a 15.270 € e divídese por lotes, en función das áreas xeográficas da provincia. No Lote 3 integra os concellos da Pobra do Brollón, As Nogais, Carballedo, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, O Incio, O Páramo, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Samos e Sober, por importe de 4.907,76€.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...