HomesociedadeMicrobioloxía baixo mínimos no Hospital de Monforte?

Microbioloxía baixo mínimos no Hospital de Monforte?

A central sindical de CIG-SAÚDE, no Hospital Público de Monforte, quere denunciar a non cobertura do microbiólogo nos seus días libres e o que iso supón; todas as probas de microbioloxía durante os próximos 15 días vanse mandar a Lugo en taxi, aseguran.

Publicado o

- Advertisement -

A CIG Saúde asegura que, nesta situación, as probas que se recollan o venres quedarán na neveira ata o luns, “o que fará que moitas se estraguen, como é o caso dos ouriños”. Tamén aseguran que cando se pida algo urxente, como os hemocultivos, non se vai saber o resultado ata o día seguinte.

Segundo o sindicato, esta situación demostra as “mentiras do SERGAS cando nos quitaron a área sasnitaria. Decían que era porque ían vir médicos de Lugo, ainda os estamos esperando.”

O sindicato denuncia tamén que o Hospital conta cun aparato preparado para facer as PCR (probas do coronavirus) desde o día 1 de abril, e as probas non se fan en Monforte, mándanse tamén a Lugo en taxi dúas veces o día. Din non entender esta medida da dirección cando de facerse en Monforte as probas, tardarían aproximadamente 50 minutos e ao mandalas a Lugo tardan 3 días.

“Xa se ten dado o caso de mandar a traballadores 3 días para a casa illados, por estar pendentes do resultado e despois ser negativo. Lembramos que aquí se sabería o resultado en 50 min,” sinala a CIG Saúde e pídenlle ao Director que deixe de enviar probas a Lugo e pida que se fagan no hospital e que pida un microbiólogo para cubrir as libranzas.

ÚLTIMAS

Networking e sinatura de convenio de colaboración entre a Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next e Nordés Club Empresarial para afrontar os retos do...

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next dará a coñecer proximamente os resultados destas...

O Concello de Chantada informatiza as reservas para a utilización das Pistas de Pádel e de Tenis

O Concello de Chantada instalou no 2023 unha nova Pista de Pádel na Área...

O PP esixe a Tomé igualdade de trato aos veciños de Monforte xa que “está a crear veciños de primeira e de segunda”

A voceira popular, Katy Varela, explica que no barrio de Catro Ventos, unha zona...

O BNG reclamará no Senado a reparación urxente do regadío Val de Lemos e a condonación da débeda á comunidade de regantes

A moción, que será debatida este mércores, 5 de xuño, insta á Confederación Hidrográfica...