HomeMedio ambiente e Patrimonio270.000 para a restauración da igrexa de Pombeiro en Pantón

270.000 para a restauración da igrexa de Pombeiro en Pantón

A Xunta vén de licitar por 270.000 euros a realización de actuacións de conservación e mantemento na igrexa de San Vicente de Pombeiro, en Pantón. O templo, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), é un dos mosteiros máis relevantes da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

As actuacións que se levarán a cabo no templo permitirán reducir a presenza de humidades e a entrada de auga a través da cuberta, así como mellorar a carpintería das ventás, o estado das fachadas así como a sancristía ou o acceso a través do adro. Substituirase a actual cuberta, eliminaranse humidades nas bases dos muros e dotarase de novas carpinterías nas fiestras que garantan a ventilación.

Renovaranse os rexuntados das fachadas exteriores, reordenarase o espazo da sancristía substituíndo a porta de entrada e peche e renovarase a pavimentación do espazo do adro para facilitar o acceso. O prazo de execución dos traballos será de seis meses desde o inicio das actuacións.  

Retablos de comezos do século XVIII

A igrexa de San Vicente de Pombeiro, ao igual que outros mosteiros da zona, tivo as súas orixes na Alta Idade Media, cando os anacoretas poboaron as terras da Ribeira Sacra. Data do último terzo do século XII e da primeira metade do século XIII. Conta cunha planta basilical de tres naves e cabeceira tripla. De fábrica románica conserva a cabeceira e parte dos muros perimetrais das naves, tanto ao interior como ao exterior.

No seu interior atesoura elementos moi destacados, como o conxunto de retablos, especialmente o maior, de principios do século XVIII, vinculado ao obradoiro de Francisco Castro Canseco, e o ciclo de pinturas murais que se descubriron no 1996, que foron restauradas pola Xunta a través da dirección xeral de Patrimonio cultural e que representan a Santa Cea, as lamentacións sobre o cristo morto, o xuízo final así como outras escenas como o nacemento de cristo ou Santa Ana.

A intervención súmase a outras previstas polo Goberno galego e centradas na mellora da conservación e rehabilitación do patrimonio cultural Ribeira Sacra. En concreto, a pasada semana o Goberno galego iniciou a tramitación administrativa para contratar as novas obras de restauración da igrexa de Santo Estevo de Atán, tamén no concello de Pantón, por máis de 40.000 euros. Trátase dun templo declarado Ben de Interese Cultural no que se levarán a cabo actuacións que permitirán mellorar a contorna, o adro e as pinturas deste sobranceiro templo románico.

ÚLTIMAS

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...

Xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido

Arias participou na inauguración das xornadas divulgativas sobre as escavacións no Monte Cido, onde...

O campo de fútbol da Pinguela estreou parasois no partido deste domingo

O Campo Municipal de Fútbol da Pinguela conta cunha bancada nun dos seus laterais....