HomesociedadeCase dous millóns de euros para mellorar a sinalización do Camiño de...

Case dous millóns de euros para mellorar a sinalización do Camiño de Inverno

A Xunta de Galicia vén de iniciar a licitación do proxecto de mellora, sinalización e acondicionamento do Camiño de Inverno, unha das rutas con maior potencial. Trátase dunha actuación dotada con 1,7M€ repartidos ao longo de 14 concellos de tres provincias, entre as comarcas de Valdeorras, Ribeira Sacra e Deza.

Publicado o

- Advertisement -

As actuacións levaranse a cabo en 14 concellos desde Rubiá a Lalín, onde o Camiño de Inverno se une coa Vía da Prata para continuar a peregrinación ata Santiago de Compostela. O obxectivo destas melloras en preto de 200 quilómetros de trazado xacobeo, é unificar a sinalización, así como acondicionar os treitos que se atopen en mal estado mantendo a coherencia coas obras que xa foron realizadas en diferentes tramos do Camiño en Galicia. Neste sentido, retiraranse os fitos que estean deteriorados e non sexa posible recuperar e repararase aqueles nos que os danos sexan menores.

Unificarase a sinalización dos fitos en bo estado colocando cunchas, placas de quilometraxe ou tallando frechas. Cando sexa necesario, instalaranse novas mouteiras que serán de granito salvo nos concellos de Rubiá, Carballeda de Valdeorras, O Barco de Valdeorras e A Rúa, que serán de pizarra, materia prima esencial na comarca.

Retiraranse preto de 30 mouteiras en mal estado e substituiranse 7 placas de cerámica. Ademais, haberá máis de 110 fitos que serán reparados, limpados e recolocados no trazado xacobeo e outros 151 que se instalarán novos. Os traballos de sinalización completaranse con 130 cunchas de cerámica e 13 de bronce e coa retirada de 22 sinais que non compren coa normativa da Xunta de Galicia.

Galicia conta cunha ampla experiencia nos últimos 25 anos na preservación, xestión, e sinalización oficial do Camiño de Santiago, unha competencia propia do Goberno galego. De feito, todas as actuacións realizadas responden ás consideracións recollidas no Manual de sinalización turística de Galicia aprobado no 2012, unhas directrices que posteriormente foron asumidas polo Consejo Jacobeo a nivel nacional e que mesmo Portugal asumiu como propias para favorecer a sinalización dos Camiños que discorren polo país luso.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...