HomesociedadeSeguen subindo os casos de coronavirus na provincia mentres en Galicia ingresa...

Seguen subindo os casos de coronavirus na provincia mentres en Galicia ingresa un paciente de Covid na UCI

Galicia conta con 256 casos activos de Covid19, 11 máis ca onte e ingresa unha persona na UCI en Vigo despois de case un mes sen infectados por coronavirus neste servizo. Na provincia cóntase con 190 casos positivos dos que 165 corresponden á Mariña, que este xoves rexistrou 21 novos casos e déronse 25 altas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O número de casos activos no brote de coronavirus da Mariña Lucense continúa en aumento. A Consellería de Sanidade confirmou ao mediodía deste xoves outros 21 positivos, para un total de 165. No mesmo reconto oficial, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que se produciron 25 “altas epidemiolóxicas” de persoas deste foco que resultaran infectadas de Covid-19. Sanidade contabiliza cinco pacientes que permanecen ingresados no Hospital Público da Mariña, todos en planta. A provincia conta con outro hospitalizado no HULA.

número de casos activos de coronavirus en Galicia aumentou en 11 ata os 256 este xoves; dos que 24 corresponden á área de Vigo –10 menos con respecto a este mércores–; 22 á da Coruña e Cee –tres menos–; 14 á de Santiago e Barbanza –un máis–; un á de Ourense –un menos–; 190 á de Lugo –24 máis–; dous á de Ferrol –igual– e tres á de Pontevedra –sen cambios–.

Na área de Vigo a xerencia confirmou a representantes sindicais un caso positivo ingresado en UCI dunha persoa procedente de Madrid que viaxou en autobús, polo que se procedeu a testar aos seus contactos.

Deste xeito, os pacientes hospitalizados con COVID en Galicia aumentan a nove, ao sumarse aos seis na área de Lugo, un na Coruña e segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, outro en Ourense, onde ata a data non había hospitalizados con COVID, trátase dun caso importado confirmado con PCR.

ÚLTIMAS

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...

Monforte destina 7.500€/ano ao control de pombas domésticas no municipio

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana o inicio do procedemento de licitación....