HomesociedadeComezan as obras da vía de acceso a Tor no concello de...

Comezan as obras da vía de acceso a Tor no concello de Monforte

En marcha o acondicionamento da vía de acceso ás instalacións provinciais de Tor, no concello de Monforte, ó que a Deputación Provincial destina 480.000€. O prazo de execución é de seis meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co inicio destas obras cúmprense as previsións feitas polo Presidente, quen subliñou ademais que responde ao compromiso que expresou de impulsar e poñer en valor o complexo de Tor para convertelo nun referente para o sector primario con actividades vinculadas coa produción ecolóxica e a formación universitaria.

“Hai máis de dez anos, no 2009, a Deputación procedeu á mellora do primeiro tramo, que é o que enlaza a estrada provincial LU-P-3207 coa da Xunta, a LU-617. Agora reactivamos este proxecto e completaremos o arranxo da pista, ata chegar ao Aulario do Pazo de Tor”, explicou José Tomé. 

Ademais, dotarase, tanto ao enlace coa LU-617, como a todo o tramo completo de máis 3 quilómetros, do pavimento definitivo a base de mestura asfáltica en quente. 

Pola súa banda, a actuación dentro da finca de Tor consistirá nun novo vial ata o Aulario, con novos accesos, unha rotonda para cambiar o sentido da circulación e estacionamentos para coches e autobuses.  O Presidente da Deputación destacou que esta é unha obra importante porque “queremos impulsar e poñer en valor a finca de Tor”. O Pazo “xa é un referente para o noso turismo. É unha peza clave na Rede Museística Provincial que debemos espremer aínda máis, co fin de potenciar o noso patrimonio”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...