HomesociedadeEn marcha os campamentos de verán de Quiroga

En marcha os campamentos de verán de Quiroga

Os campamentos de verán de Quiroga desenvolveranse ata o 31 de agosto. Destínanse aos nenos de catro a doce anos e teñen por obxectivo poñer a disposición dos pais e nais traballadores unha alternativa para poder conciliar a vida laboral coa familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano, dada a situación  de  crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, os campamentos realízanse baixo un protocolo de actuación para que se desenvolvan de  xeito seguro tanto para os nenos participantes como para os monitores. Un protocolo que se inicia en canto os nenos e monitores chegan o seu punto de encontro, coa medida de temperaturas e a desinfección de mans.

Isto levou  consigo cambios nas actividades a ofrecer con respecto a anos anteriores. Para evitar en todo o posible o contacto, os participantes están repartidos entre a Ludoteca e o Centro Social da Ribeira, onde este luns recibiron a visita do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e da concelleira de educación e infancia, Loli Sánchez. 

As actividades ao aire libre son prioritarias e o número de participantes non excede de dez por cada grupo. Aínda que se realizarán actividades semellantes nos dous grupos como a visita a unha adega programada para mañá e o mércores da vindeira semana, en ningún momento estarán xuntos. Na piscina, lugar ao que tamén se levarán os nenos, seguirase un protocolo para que os nenos sigan mantendo as distancias entre eles.

ÚLTIMAS

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...