HomesociedadeActivo un lume en Quiroga con 20 hectáreas ardidas

Activo un lume en Quiroga con 20 hectáreas ardidas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Activo desde as 2,47 h. desta madrugada un lume no concello lugués de Quiroga, parroquia da Enciñeira, que afecta unhas 20 hectáreas de superficie, segundo as primeiras estimacións. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pa. 

Permanece estabilizado desde as 15,20 h. do domingo o lume rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz, tras comezar o pasado venres ás 17,05 h. da tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 720 hectáreas. Delas, 450 son forestais (400 rasas e 50 arboradas) e as restantes 270 ha son agrícolas. Para o seu control lévanse mobilizado 4 técnicos, 30 axentes, 74 brigadas, 34 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

ÚLTIMAS

Opinión: Noite de Ánimas ou Noite dos Defuntos

A partires das 24:00 h. estaremos xa no mes de novembro, mes denominado como...

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...

O BNG esixe ao Goberno manter o tren das 23:00h entre Ourense-Monforte-Lugo

O BNG advirte de que a supresión deste servizo supón un novo recorte nas...

IX Xornada Castañeira nos Anguieiros, Quiroga, este 1 de novembro

O sábado, 1 de novembro, a partir das 17:00h celebrarase un obradoiro de elaboración...