HomeSucesosAdif retirará os vagóns tirados ao río Sil e anuncia que investigará...

Adif retirará os vagóns tirados ao río Sil e anuncia que investigará os feitos denunciados por ecoloxistas

A asociación ecoloxista Amigos da Terra vén de reclamar sancións aos responsables de tirar ao río Sil dous vagóns dun tren accidentado o 28 de xullo. E Adif, encargada da xestión de infraestruturas ferroviarias, anuncia a apertura dunha investigación ao respecto destes feitos denunciados por ecoloxistas e partidos políticos e asegura que retirará os vagóns do río.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha escavadora tirou ao río os dous vagóns que se atopaban nun tramo da vía férrea entre as localidades ourensás de Sobradelo de Valdeorras e Quereño despois de que o pasado 28 de xullo descarrilase un tren de mercadorías que comunicaba Monforte de Lemos coa fábrica de cementos Cosmos en León.

Amigos da Terra esixe ás autoridades que aplique sancións á empresa responsable desa vertedura ao río Sil susceptible de afectar o ecosistema fluvial, xa que ese tipo de contaminación “non pode quedar impune”. Amigos da Terra opina que as administracións teñen que adoptar “medidas preventivas” ou “evitar de forma apropiada” ese tipo de verteduras e subliña que a lexislación prevé multas de ata dous millóns de euros para os delitos ambientais, ademais da necesidade dunha reparación dos danos. “A cualificación de accidente non exime ás empresas da execución de medidas de prevención, de evitación e de reparación polo que debe esixir aos responsables a retirada dos vagóns do leito do río e restaurar e recuperar o estado orixinal do ecosistema fluvial”, conclúen os ecoloxistas.

ADIF

Tras a publicación de imaxes na internet dunha escavadora empuxando vagóns do tren accidentado que tira ao río, Adif indica iniciar unha investigación para coñecer “todos os detalles do ocorrido”.
Adif prevé “analizar todas as accións efectuadas e depurar, no seu caso, responsabilidades” e subliña a intención de retirar na “maior brevidade” os dous vagóns do río e restaurar a contorna.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....