HomeEconomíaA Comarca de Sarria lidera a baixada do paro en xullo

A Comarca de Sarria lidera a baixada do paro en xullo

Na zona sur de Lugo que abrangue este xornal destacan os datos do paro desta comarca, con 80 desempregados menos. O Concello de Sarria descontou 48.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En 13 dos concellos da zona sur de Lugo que abrangue este xornal houbo baixada do paro co cal é unha boa noticia para os difíciles tempos que corren. Certo é que estamos en época alta de verán e sempre se dá esta situación pero os atrancos que está a poñer este ano o coronavirus fai ver os datos cun certo optimismo.

Dende a Secretaría de acción sindical de CC.OO. ven con preocupación o alto número de parados de Monforte, concello que aumentou o paro en 3 persoas “co agravante de ter o 68,55% de paro de toda a comarca de Lemos e co maior número de desempregados da provincia de Lugo, agás Lugo capital”, refiren dende o sindicato.

Por comarcas, os mellores datos son para a de Sarria que queda neste mes de xullo con 1.196 persoas nas listas no INEM, 80 menos. Na clasificación de mellores resultados, por así dicilo, séguenlle a Comarca de Quiroga, que desconta 26 persoas, Chantada que reduce en 23 os parados/as e Lemos que baixa en 18.

Datos de desemprego por concellos

Comarca de Sarria: O Incio mantén os 54 desempregados/as do mes anterior, Láncara 121 (-6), Paradela 42 (-11), O Páramo 37 (-2), Samos 33 (-8), Triacastela 28 (-5) e Sarria 881 (-48).

Comarca de Lemos: Bóveda 65 (+4), O Saviñao 167 (-17), Monforte 1.162 (+3), Pantón 120 (+1), A Pobra do Brollón 72 (-3) e Sober 109 (-6).

Comarca de Chantada: Carballedo 73 (+1), Taboada 113 (+2) e Chantada 5050 (-26).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel 46 (-10), Quiroga 168 (-8) e Ribas de Sil 45 (-8).

Na nota enviada á prensa pola sección comarcal de CC.OO. instan a que os empresarios monfortinos retiren traballadores dos Ertes ao observar un reponte da actividade tanto no sector servizos como no da construción.

ÚLTIMAS

World Central Kitchen: loxística gastronómica para combater os lumes de Quiroga

World Central Kitchen, ONG que se dedica a ofrecer comida ante crises humanitarias, climáticas...

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...