HomeCultura10 días espectaculares en Ribas de Sil

10 días espectaculares en Ribas de Sil

A zona recreativa da Praia Fluvial de San Clodio acollerá entre o 13 e o 23 de agosto actuacións de maxia, obradoiros, conta contos, teatro, espectáculos de clow e un concerto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Ribas de Sil programou un cartel de atractivas actividades coincidindo coas datas nas que se tiñan que celebrar as festas de verán coa intención de ofrecer oportunidades de entretemento centradas nun público infantil e familiar.

Varios magos pasarán por San Clodio estes días. Dani Polo estará o vindeiro domingo, 16 de agosto, co seu espectáculo “I+D+I” ás 20:00 h. E na seguinte semana, o venres 21, será o Mago Charlangas quen ofreza o mellor do seu repertorio á mesma hora e no mesmo lugar. O Mago Deimi, outro dos magos do cartel, ofrecerá un obradoiro e unha actuación; estaba programada para este mércores 12, pero a climatoloxía adversa provocará que se lle busque outro día alternativo.

O 15 de agosto será unha das grandes xornadas do ciclo pois está programada unha exhibición de voos en parapente para a continuación, sobre as 13:00 h. inaugurar a pista de despegue “Coto Charly”, recén acondicionada en Torbeo. Xa pola noite, a partir das 24:00 h. festa rachada co concerto “O mellor e o peor dos oitenta e dos noventa” a cargo do grupo Carta de Ajuste no anfiteatro da Praia Fluvial.

Tamén haberá ocasión para a narración oral. O vindeiro xoves, 13 de agosto, estará no anfiteatro da Praia Fluvial a contadora María Pita e o martes 18 farao Servando Barreiro co seu espectáculo narrativo-musical “Os c@ntos do bardo Abelardo”. As dúas propostas ás 20:00 h.

Servando Barreiro

Os/as amantes do teatro de rúa tamén están de sorte. Chega a San Clodio a representación “Teatro á feira”, da compañía A Cova das Letras, o luns 17 ás 20:00 h. Este espectáculo reivindica as personaxes ligadas aos mercados tradicionais dende a tradición oral e a interacción co público é unha das claves do seu éxito.

No apartado de Clow, quedámonos con dúas datas e dous espectáculos: o mércores 19 “AparvaOlimpiadas”, e o sábado 22, “MeRe-cidamente”. As dúas propostas chegan a Ribas de Sil da man da compañía Mere CLOW e desenvolveranse no mesmo lugar e á mesma hora que as anteriores actuacións.

Ademais de todo o anterior, salientar que o venres 14 terá lugar unha xornada formativa e de sensibilización. Pola mañá, de 11:00 a 14:00 h. haberá un obradoiro de debuxo humorístico na Aula de Pesca, e durante o día -de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.- a Caravana Morada contra a violencia de xénero estará estacionada na Praia Fluvial.

ÚLTIMAS

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...

O PP de Monforte considera que as cámaras instaladas na cidade son para impoñer multas, non para mellorar a seguridade

A voceira popular, Katy Varela, explica que se pide esta información dadas as reiteradas...

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...