HomeTerra de LemosMonforteCurso de inseminación artificial de vacún no CFAE de Monforte

Curso de inseminación artificial de vacún no CFAE de Monforte

Comprenderá 20 horas de formación teórico-práctica e terá lugar a semana que vén.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza un curso de inseminación artificial en vacún que terá lugar ao longo de 20 hora no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos a próxima semana.

Segundo destacan dende a Consellería, o curso proporcionará unha formación teórico-práctica en inseminación artificial, de xeito que haberá que adquirir certos coñecementos sobre o aparello reprodutor da vaca e sobre a problemática da súa reprodución. Tamén haberá contidos sobre o material que se debe empregar e consellos para non ter riscos durante o proceso, así como de sensibilización ambiental.

O principal obxectivo do Plan de formación ao campo galego é impulsar o desenvolvemento das actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería de Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír á implementación dos coñecementos dos agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Así, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades, incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións, no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio ambiente.

Con esta formación tamén se promove que o sector agrícola e silvícola utilice dunha maneira eficiente os recursos, co fin de que sexan economicamente viables, produtivos e competitivos. Así mesmo, cóidase o nivel de emisións, co obxectivo de que sexan respectuosos co medio ambiente e resistentes ao cambio climático, ademais de traballar cara a sistemas de produción en harmonía cos recursos naturais esenciais dos que dependen a agricultura e a silvicultura.

ÚLTIMAS

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...