HomesociedadeO concello do Incio pide un cribado masivo para toda a poboación

O concello do Incio pide un cribado masivo para toda a poboación

O alcalde, Héctor Corujo, atópase en contacto permanente coa Xunta de Galicia para coñecer o protocolo a seguir co foco da residencia de anciáns neste concello. Tras coñecer os resultados o rexedor vén de pedirlle ao Goberno galego que practique probas PCR a toda a poboación para tratar de atallar o brote; polo menos, probas para os familiares dos usuarios e traballadores da residencia afectada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Incio tivo constancia este xoves, 20 de agosto, a través do Sergas dos resultados das probas PCR practicadas ao persoal e usuarios da Residencia, xestionada pola Fundación San Rosendo, tras o positivo dun traballador.

As probas confirman:

  • 65 usuarios positivos 
  • 4 traballadores positivos 

O Goberno local mantén a súa total colaboración co centro para aquilo que poidan precisar. Ademais de reforzar os traballos de limpeza e desinfección non só na contorna da residencia senón en todo o termo municipal.

Recoméndase a todos os veciños e veciñas seguir todas as medidas sanitarias, manter as distancias, facer un uso correcto da máscara e ser prudentes e responsables.

Dada a magnitude do brote no centro xeriátrico, Héctor Manuel Corujo sinalou que, ademais de manter as medidas de prevención xa implementadas, o goberno local está a exporse suspender certos “servizos sensibles”, como o servizo de axuda a domicilio.

O rexedor do Incio sinalou que “aínda se está investigando” a orixe dese importante brote, xa que “non hai casos positivos, que se saiba, no pobo”. De feito, apuntou que, nas últimas horas, cando se fixo público que un traballador da residencia era positivo en COVID, “houbo certo nerviosismo” na localidade, e algúns veciños sometéronse a probas PCR “de forma particular e privada”. “Pero todos deron negativo”, sinalou.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...