HomesociedadeO Incio toma medidas cautelares como consecuencia do brote na residencia

O Incio toma medidas cautelares como consecuencia do brote na residencia

O concello do Incio publica un bando no que informa das medidas cautelares que son de aplicación dende a publicación do bando e ata novo aviso. Suspéndense servizos e ofrécese información no teléfono 982.427.014.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez coñecidos os resultados das probas PCR realizadas a persoal e usuarios da Residencia da terceira idade do Incio, comunicados polo SERGAS, e que suman un total de 65 positivos, este Concello adopta de maneira cautelar e, á espera de saber o alcance dos contaxios ao resto da poboación, as seguintes medidas:

1. Suspensión temporal do Servizo de Axuda no Fogar (salvo casos de especial vulnerabilidade).

2. Suspensión temporal de toda actividade lúdica, cultural e deportiva.

3. Suspensión temporal de feiras e mercados.

4. Reapertura do servizo de entrega a domicilio de medicamentos e alimentos a aquelas persoas que o necesiten.

5. Ofrecer a colaboración a toda a veciñanza para o que poidan precisar a través do teléfono do Concello 982.427.014.

Prégase á veciñanza manter as distancias, facer un uso correcto da máscara e ser prudentes e responsables. O concello está en contacto permanente coa Residencia e coa Xunta de Galicia e autoridades sanitarias, que xa están a determinar o alcance do gromo ao resto da veciñanza do Incio. No caso de presentar síntomas compatibles coa Covid-19, pregan llo faga saber ás autoridades sanitarias de forma inminente.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...