HomesociedadeA ludoteca Trasniños abre as súas portas en Chantada

A ludoteca Trasniños abre as súas portas en Chantada

Trasniños, a primeira ludoteca privada autorizada pola Xunta de Galicia en toda a provincia de Lugo, abre este martes, 1 de setembro, as súas portas en Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Ludoteca dirixida a nenos de entre 2 e 6 anos será un espazo para educar mediante o xogo, seguindo os métodos educativos de María Montessori e Emmi Pikler.

Á fronte de Trasniños está Patricia Carbón Prado, unha nova educadora infantil de Chantada que, coa apertura da ludoteca, fai realidade o soño da súa vida: traballar na súa terra con nenos e nenas, apostando por unha pedagoxía activa.

Inscrición e matrícula

Hai dúas maneiras de asistir á ludoteca: por horas soltas ou con matrícula, escollendo horarios fixos mensuais.

Para asistir por horas só é necesario reservar previamente: as prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de reserva.

Para acudir cun horario fixo mensual débese formalizar a matrícula antes do 10 de setembro.

A filosofía de Trasniños baséase na premisa de que a escola non debería ser un lugar onde os profesores simplemente transmitan coñecementos, senón un espazo no que se fomente o desenvolvemento da intelixencia e a parte psíquica a través do traballo libre, con material didáctico especializado para iso. Esta é a base do método Montessori, que é o que se utilizará neste espazo educativo.

Ludoteca Trasniños

A ludoteca ubícase na rúa Juan XXIII, 34 de Chantada e conta cun horario de 8.00 a 14.30 e de 15.30 a 21.00. Para máis información e reservas contan cos seguintes contactos: Teléfono fixo: 982 88 16 02, Teléfono Whatsapp: 604 06 48 33 ou Correo electrónico: info@ludotecatrasninos.com; ademais da páxina web

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...