HomeCulturaA pandemia pode co Meco da Ermida

A pandemia pode co Meco da Ermida

Por decisión veciñal, este ano quedaron suspendidas a romaría e a procesión que esta parroquia de Quiroga celebra para honrar á Virxe dos Remedios os días 8 e 9 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Festas e tradicións como a Romaría da Nosa Señora dos Remedios, que non se deixaron de facer “nin no tempo da Guerra Civil”, este ano quedan suspendidas por mor da Covid19.

Deste xeito, os días 8 e 9 de setembro non poderemos gozar da presenza do Meco e as Pampórnigas nesa multitudinaria e popular procesión. Segundo explica Amparo Montenegro, Presidenta da Asociación Cultural Souto do Val, “falouse cos veciños e veciñas e decidiuse que este ano non houbese nin procesión nin actos festivos”. “Sentíndoo moitísimo, facémolo por unha cuestión de responsabilidade”, engade.

Procesión coas Pampórnigas e o Meco. Foto: XMF

O que si se mantén son as novenas e as misas que se fan no atrio da igrexa e con distancia de seguridade entre os/as presentes. Foi unha decisión do cura e farase todo con responsabilidade, segundo nos indican.

Horarios da ‘Novena á Nosa Señora dos Remedios’

Unha mágoa moi grande perder esta tradición nun “annus horribilis” do que non se escapa nin a figura do Meco e a tradicional procesión na que acompaña ás Pampórnigas. “Nin no tempo da Guerra Civil se deixou de facer a procesión”, afirma Amparo Montenegro.

Para coñecer máis sobre esta tradición podedes ler esta reportaxe que fixemos no seu día en Xornal de Lemos.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...