HomesociedadeUn novo morto eleva a 15 os falecidos na residencia do Incio

Un novo morto eleva a 15 os falecidos na residencia do Incio

Publicado o

- Advertisement -

Dúas persoas faleceron nas últimas horas no Hospital Lucus Augusti de Lugo (HULA) diagnosticadas con COVID-19, co que a cifra total de mortes desde que comezou a pandemia ascende a 661 en Galicia. Ambas as persoas procedían de residencias de maiores: unha situada no Incio e a outra en Outeiro de Rei.

En concreto, a Consellería de Sanidade informou do falecemento dunha muller de 89 anos e un home de 88. Ambos atopábanse hospitalizadas no Hospital Lucus Augusti. En ambos os casos presentaban patoloxías previas, sinalaron as mesmas fontes.

A falecida procedía da residencia do Incio, intervida pola Xunta e que rexistra un brote con máis dun centenar de afectados. Con este deceso, son xa 15 os mortos relacionados con este foco.

As mortes con COVID-19 subiron nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega. Desde a ‘nova normalidade’ notificáronse un total de 41 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...