HomesociedadeA rotonda do Hórreo e o corte no subministro de auga de...

A rotonda do Hórreo e o corte no subministro de auga de Monforte

Ó longo da pasada noite os traballos de mellora na rede de saneamento das rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo, que se executaban na coñecida como rotonda do Hórreo de Monforte, produciron danos sobre unha tubería de abastecemento co correpondente corte no subministro que este mediodía se recuperaba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo precisa o director de obra, a tubería danada era unha tubería antiga de fibrocemento, materia que é moi sensible ás vibracións e ós golpes. Debido a isto, a tubaría rompeuse nun dos seus tramos, durante a operación de cruce baixo a mesma co novo colector de saneamento.

Na mañá de hoxe, tanto os operarios da empresa encargada dos traballos como da concesionaria do servizo de augas, procederon a reparar a condución, e o restablecemento do servizo de auga fíxose efectivo a última hora da mañá, funcionando xa con total normalidade.

Os traballos de reparación da tubería fixeron necesario, por precaución e seguridade, a desmontaxe do emblemático hórreo, que será reposto coas mesmas pedras e materiais, unha vez rematadas as obras.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...