HomePolíticaComezan as obras de construción das glorietas na circunvalación de Monforte

Comezan as obras de construción das glorietas na circunvalación de Monforte

Publicado o

- Advertisement -

O luns, 23 de xullo, darán comezo os traballos de construcción das dúas glorietas proxectadas para a Ronda Emilia Casas Baamonde a través da Consellería de Infraestructuras e Vivenda da Xunta de Galicia para as cales se destinaron 320.000 euros e está previsto un prazo de execución de 3 meses.

A Ronda de Emilia Casas Baamonde é unha vía de gran relevancia na cidade pois enlaza tanto co Hospital Comarcal como co centro do núcleo urbán. Durante os tempo que duren os traballos nela, os operarios, ademais da construcción de dúas rontondas tamén farán modificacións para humanizar o percorrido con reforzos estéticos, farase extensión das beirarrúas nas marxes e adaptaranse accesos peonís ademais de colocar iluminación led nos pasos de peóns. Para rematar as obras de mellora da zona, tamén se reforzará o firme e estenderase unha nova capa en todo o ancho da calzada.

 

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...