HomesociedadePon o Malecón no teu balcón

Pon o Malecón no teu balcón

A plataforma Salvemos O Malecón presenta a Campaña “Pon o Malecón no teu balcón”, que ten por obxectivo visibilizar o rexeitamento da veciñanza de Monforte á construción da nova ponte prevista no Malecón mediante a exposición de pancartas, bandeirolas, carteis

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Salvemos o Malecón convida a todos aqueles particulares e comercios de Monforte, que desexen apoiar ás reivindicacións da plataforma, a que colguen nos seus balcóns, ventás, fachadas… estas pancartas para representar dun xeito visual e atractivo a cantidade de veciños/as que non están dacordo coa construción da nova ponte, e facerlle ver ao alcalde que non tiña razón cando manifestou a mediados de xuño que “no son más de 40 profesionales del no” os que están en contra da mesma.

Todos que queiran colaborar con esta iniciativa poden enviar un correo electrónico a salvemosomalecon@gmail.com ou enviar unha mensaxe privada través do perfil en facebook para ser informados de onde e como poden adquirir as pancartas, cartaces e bandeirolas.

A plataforma tamén informa de que tras ter consultado a un 18% do total de comercios de Monforte reciben o apoio dun 85% deles, “sendo este un dato que nos anima enormemente para continuar coa nosa laboura de información e concienciación,” sinalan.

Pon o malecón no tu balcón

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...