HomesociedadeXornada formativa en Bóveda sobre a planificación e deseño das plantacións de...

Xornada formativa en Bóveda sobre a planificación e deseño das plantacións de castiñeiros

Co título "O Castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións" a actividade desenvolverase o día 16 entre 18.00 e 22.00.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O salón de actos do concello de Bóveda acolle este venres, 16 de outubro, a partir das 18.00 horas unha xornada formativa do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020. A actividade que leva por título “O Castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións” ten unha duración de 4 horas.

Os destinatarios da proposta son as persoas vinculadas profesionalmente cos sectores productivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea foestal-madeira, ou mozos con expectativas de incorporación no medio rural galego.

Inscrición de balde no enlace da web da Consellería do Medio Rural. O formulario enviarase a: info@castanadegalicia.org

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...