HomesociedadeA alcaldesa do Courel dá negativo pero garda corentena

A alcaldesa do Courel dá negativo pero garda corentena

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, permanece confinada no seu domicilio desde o pasado venres tras ter contacto directo cunha persoa que deu positivo por Covid-19 e terá que permanecer en corentena ata a próxima semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lola Castro, alcaldesa do Incio, confirmou en declaracións a EFE que a proba PCR á que foi sometida nas últimas horas por parte do Sergas “deu negativo”, pero aínda así debe permanecer “en corentena ata o día 19”. De feito, antes de abandonar o confinamento será sometida a unha nova PCR para confirmar que non está infectada de Covid-19.

A propia alcaldesa precisou que ela mesma tomou a decisión de confinarse o pasado venres, cando soubo que unha persoa coa que tivera “relación directa” estaba en corentena e á espera de recibir o resultado da correspondente proba PCR. Foi “unha medida de precaución a iniciativa propia”, aclarou. “Foi unha decisión acertada”, dixo, porque “pola contra agora estaría moito máis preocupada”, dado que esa persoa “fixo a proba o domingo e comunicáronlle o luns que dera positivo”.

Nos últimos días non mantivo por tanto contacto “con ninguén do Concello” nin da súa propia familia no Courel, dado que está a traballar desde a súa casa en Lugo “desde o venres”. “Atópome estupendamente”, dixo a alcaldesa.

11 altas na residencia do Incio

Mentes a cifra de usuarios afectados por coronavirus nas residencias descendeu na xornada deste mércores ata os 418, tras detectarse 11 altas na residencia do Incio  e unha no centro Ballesol de Oleiros, na Coruña.

ÚLTIMAS

Monforte anuncia corte na subministración de auga este 21 de abril no Polígono Reboredo, Piñeira e Distriz

O motivo deste corte é a realización de obras na rede de tubaxes co...

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...