HomePolíticaO BNG de Quiroga quere solucións aos problemas da traída

O BNG de Quiroga quere solucións aos problemas da traída

Os problemas de turbidez do subministro de auga municipal, lonxe de desaparecer este 2020, están aumentando ao mesmo tempo que aumenta a indignación veciñal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai un ano, o BNG de Quiroga presentaba para aprobación en Pleno a “MOCIÓN PARA O ESTUDO, ANÁLISE E SOLUCIÓN DE PROBLEMAS DA AUGA EN QUIROGA”. A iniciativa foi desestimada cos votos en contra dos concelleiros e concelleiras do PP de Quiroga.

Sinalan desde o BNG que no Pleno ordinario de outubro de 2019 o alcalde afirmaba que a auga da traída de Quiroga era excepcional, que os problemas de turbidez reducíanse a dúas ou tres incidencias puntuais ao ano e que non lle constaban queixas formais da veciñanza.

Un ano despois, veciños e veciñas de Quiroga insisten na persistencia e reiteración de problemas visibles nas condicións en que reciben a auga do subministro municipal. A turbidez, lonxe de desaparecer, vai a máis e a indignación dos veciños e veciñas tamén, segundo sinala o BNG, “Quéixanse de que teñen que mercar auga embotellada e que en moitos casos nin se atreven a lavar a roupa ou incluso ducharse.”

auga traída Quiroga / BNG Quiroga

Os nacionalistas aseguran que moitas vivendas recibiron auga turbia e lodosa ao longo deste 2020, incidencias que aumentan coas choivas, o que xera preocupación e indignación entre a veciñanza, “desde hai anos reiteradamente existe este problema en Quiroga e non vemos que se colla o touro polos cornos para darlle unha solución estrutural e explicar eficazmente á veciñanza o que está acontecendo.” 

Desde o BNG están recollendo sinaturas que avalan o malestar de moitos e moitas quiroguesas, veciños e veciñas que esperan un recoñecemento público do problema e acción por parte do Goberno Local para buscar solucións e traballar nesa dirección.

O BNG pide que se explique publicamente á veciñanza o motivo das continuas incidencias de turbidez e baixa presión no subministro da auga municipal e que o Alcalde convoque unha reunión ou Pleno Extraordinario que reúna ao conxunto da Corporación Municipal para abordar o tema e valorar solucións estruturais e non amaños provisionais que poñan fin ás incidencias que está ocasionando o actual subministro de auga municipal.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...