HomesociedadeDetidos dous cidadáns romaneses por roubos en bares de Monforte

Detidos dous cidadáns romaneses por roubos en bares de Monforte

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Local de Monforte de Lemos, encargados da investigación dos delitos relacionados co patrimonio, detiveron a dous homes de nacionalidade romanesa, ambos con antecedentes por feitos similares, por catro roubos en bares deste municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informou a Policía Nacional, e estes detidos impútaselles o roubo en catro establecementos hostaleiros de Monforte perpetrados desde o pasado mes de xullo e o ultimo o pasado 3 de novembro. As mesmas fontes policiais indicaron que actuaban en tres provincias galegas cun ‘modus operandi’ que consistía “no forzamento con ferramentas preparadas ao uso, para rebentar as fechaduras e as portas de acceso, da parte traseira dos establecementos”.

Unha vez no interior, a Policía resalta que, “sempre acudían ás máquinas comecartos e as caixas rexistradoras”, onde obtiveron un botín duns 6.000 euros. En dous dos locais asaltados quedaron gravadas imaxes da súa actuación, “pese ao intento de manipular as cámaras para evitar a gravación do feito”, puntualizou a Policía Nacional. En dous dos locais onde foron recoñecidos como os autores supostamente acudiron con anterioridade para observar os puntos por onde acceder ou onde poder realizar o roubo.

Así, chegaron a solicitar permiso nun dos establecementos para fumar na parte traseira e ver todo como máis detalle. As mesmas fontes indicaron que, ao verse “detectados e vixiados nas últimas semanas antes de cometer o roubo do pasado luns”, cambiaran o vehículo no cal se movían habitualmente. Dentro do lugar onde esta o motor do turismo que utilizaban para desprazarse, nunha bolsa “perfectamente pechada e protexida”, sinalou a Policía, atopáronse diferentes efectos que foron recoñecidos como parte dos botíns denunciados polos propietarios dos bares roubados. Con todo iso está previsto o seu paso a disposición xudicial nas próximas horas, xunto con todo o actuado.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o San Martiño con actos culturais, magosto e música

Dúas grandes actividades culturais centraranse na fin de semana previa a esta celebración. O...

O prestixioso xornalista Andrew Neather visitará a D.O. Ribeira Sacra

Andrew Neather foi crítico de viños do Evening Standard de Londres entre 2005 e...

O PP de Quiroga esixe solucións ás deficiencias no servizo de telefonía móbil e conexión a internet

Dende o Partido Popular lembran que tralos devastadores incendios do pasado verán non só...

A UNED de Monforte supera por primeira vez o cento de matrículas

José Tomé, que tamén ostenta o cargo de presidente da Xunta Reitora da UNED...