HomeCulturaPresentación literaria de Antón Valcarce en Monforte

Presentación literaria de Antón Valcarce en Monforte

O músico e escritor monfortino presenta o seu último libro, “A vida nas botas”, na Librería Pelayo. Farao de forma virtual o sábado 14 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O autor de relatos e obras de teatro como “O que non che contaron de Monforte”, “De Nápoles a Monforte polo Inferno”, “Contáronme que che contara”, “Dulcinea de Lemos” e a novela “Soños de Chicolate”, atrévese nesta ocasión coa poesía. A súa nova creación literaria leva por título “A vida nas botas”, no que el mesmo define como “follas encadernadas que xogan a ser poesía”.

O autor tamén nos advirte no comezo do libro de varias cousas: de que “é perigoso escribir poesía”, porque podes morrer no intento, e de que a poesía é “un xénero que non ten termo medio, ou abráiate ou rexéitate”.

Refírese tamén a este novo libro de Antón Valcarce o seu homónimo Antón Vidal, profesor do IES Daviña Rey, dicindo nun arremedo de prólogo “Antón sorpréndenos con cada nova publicación que entrega. Con todo, vindo dun cantautor un libro de poemas non nos deberá coller desprevidos. É máis, ao ler moitos deles un case sempre ten a sensación de que está ante cancións ás que só lles falta unha melodía”.

O libro está editado por Peruchela, nunha nova liña de acción cultural que emprende dende a Librería Pelayo, e a presentación poderase ver en pequenas pílulas de vídeo a partir das 18:00 h. do sábado 14 de novembro na páxina de Facebook e na canle de Youtube.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...