HomesociedadeA Xunta cita aos alcaldes de Monforte e Chantada para o día...

A Xunta cita aos alcaldes de Monforte e Chantada para o día 19

Este martes, día de reunión do comité clínico, o Goberno autonómico non variou a folla de ruta, polo que manterá o peche da hostalería e o confinamento perimetral

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os alcaldes e alcaldesas de Burela, Chantada, Monforte, Lugo e Viveiro, os cinco concellos da provincia nos que se están a aplicar as restricións adoptadas pola Xunta de Galicia o pasado 6 de novembro, foron citados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, para unha videoconferencia o vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 10.30 horas, a fin de abordar a situación epidemiolóxica.

Despois da reunión do comité clínico deste martes non se variou a folla de ruta, polo que se manterán o peche da hostalería e o confinamento perimetral destes municipios alomenos ata venres, día do seguinte encontro. Monforte e Chantada están, ao igual que Burela, en aviso laranxa, mentres que Lugo e Sarria permanece en alerta vermella. Toda a información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...