HomePolíticaVerquidos incontrolados en Chantada, mentres o concello non solicita subvencións para este...

Verquidos incontrolados en Chantada, mentres o concello non solicita subvencións para este fin

“O descontrol deste tipo de verquidos debería avergonzar ó goberno municipal, pero o feito de ter este grave problema e ó tempo deixar pasar financiamento para atallalo demostra o desgoberno absoluto que impera no Concello de Chantada”, declaran dende o PSdeG-PSOE de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal como publica o Diario Oficial de Galicia na súa edición deste luns, concedéronse subvencións ás entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, ó abeiro dunha convocatoria da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, dotada cun orzamento total que supera os catro millons de euros.

O Concello de Chantada non solicitou esta axuda segundo informan desde o PSOE de Chantada. A xuizo do Grupo Socialista “deixar pasar as convocatorias de subvencións está a ser demasiado habitual por parte do goberno local, e tendo en conta ademáis as gravísimas necesidades que temos en Chantada en distintos ámbitos”.

Aseguran os socialistas que “Esta deixadez no ámbito da xestión de residuos contrasta coa proliferación de verquidos incontrolados no termo municipal. Deste xeito, na pasada sesión ordinaria do Pleno, o Grupo Municipal Socialista veu de denunciar a existencia dun verquido incontrolado nas proximidades do Santuario de Fátima. E esta pasada fin de semana foron testemuñas da existencia doutro nas proximidades do Polígono Industrial dos Acivros.“

ÚLTIMAS

O 4 de novembro ábrese a inscrición nos obradoiros de envellecemento activo que organiza o concello de Monforte

Esta iniciativa está impulsada polo Concello de Monforte en colaboración coa entidade FORMAVIGO e...

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...