Homesociedade"Sempre preto. Apoiando ao pequeno comercio, mantés viva a túa vila"

“Sempre preto. Apoiando ao pequeno comercio, mantés viva a túa vila”

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionales e Autónomos de Sarria (ACES) vén de presentar a campaña de Nadal co slogan: "Sempre preto. Apoiando ao pequeno comercio, mantés viva a túa vila".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria apostan por dar vida ao Nadal, embelecendo as rúas coa iluminación e os escaparates dos comercios, creando un ambiente navideño. Desde a asociación aseguran que “O comercio e hostalaría da vila desexa transmitir alegría e ilusión nestas datas, a pesar das circunstancias, con precaución e seguindo todos os protocolos de seguridade fronte á COVID.” 

O vindeiro luns 14 e ata o 31 de decembro terán na rúa de novo “O LOTÓN“, na súa terceira edición. “As compras entre as datas sinaladas farán que un/unha cliente do CCU de Sarria gañe MIL EUROS, que terá que gastar de novo no comercio asociado,” sinalan desde Aces Sarria. “Mil euros que premiarán a fidelidade dos consumidores ao pequeno comercio. A persoa premiada terá que facer as súas compras antes do día de Reis. O sorteo terá lugar no bulevar da Calvo Sotelo o día 4 de xaneiro.”

Esta actividade convivirá coa campaña de Nadal da Federación Galega de Comercio, “Este Nadal, o comercio de Lugo máis preto de ti”, no que se sortean 10.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 200 € e 300 €, e as que optarán tamén os clientes do Centro Comercial Urbano de Sarria. 

Por outra banda, o clube de fidelización www.clubccusarria.com permitirá acumular puntos por cada compra no mesmo, que se converten en descontos para futuras compras. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...