InicioCulturaNova andadura do Casino Ateneo de Monforte

Nova andadura do Casino Ateneo de Monforte

O Casino anuncia unha nova singradura co obxectivo de converterse nun centro cultural aberto e plural para Monforte e Terra de Lemos. A renovación deste espazo histórico implica a estrea dunha páxina web e un logo para lucir o novo nome: Ateneo Casino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao novo proxecto do Ateneo Casino, súmase un grupo de persoas expertas de Monforte e arredores como responsables das diferentes áreas que estruturarán a actividade do lugar. 

Iván Patiño é a persoa responsable da área denominada cinema e conversa; Sara Álvarez Otero encárgase de actividades artísticas; José Antonio Díaz e José Jacobo Castro representan a área de deportes; Pilar López en novas tecnoloxías; Adrián Casanova Chiclana e Julia Fernández Garza están en literatura; un representante da asociación Náufragos do Paradiso será responsable da área de música; Fabio González en gastronomía; Javier Rey Quiroga en divulgación científica e por último, Selene Arias Sáez, Ramón Díaz-Varela López, Xosé Rodríguez e Severino Rodríguez na área de acción social.

Para coordinar as áreas e a actividade do Ateneo nesta nova andadura, incorpóranse os profesionais da xestión e comunicación cultural Xosé Gago e Úrsula Neilson. 

Un comezo de ano e de Ateneo moi activo

Para inaugurar a nova etapa do espazo, programáronse unha serie de actividades para os sábados de xaneiro do novo ano, adaptada á actual situación sanitaria.

O sábado 16 o Ateneo acollerá un concerto de cello e voz a cargo de Lorena do Val e Gonzalo Herrero; o seguinte sábado 23, haberá sesión de narración oral co espectáculo Costureiras de Tarabela Creativa, e o último sábado do mes, terá lugar unha proxección e performance arredor da longa documental Dorothé na vila.

As prazas para estes eventos serán limitadas para cumprir coas medidas sanitarias. Toda os detalles das actividades que se programen serán colgados na páxina web ateneocasino.gal, onde tamén hai información sobre como facerse socio ou socia. 

Unha morea de vantaxes para socios e socias

Como parte da nova andadura do Ateneo Casino, anúncianze unha batería de vantaxes para persoas socias. Ademais de descontos nalgunhas actividades de pago e a posibilidade de usar algúns espazos do Ateneo, os socios e socias obterán descontos nos negocios colaboradores. 

Terán entre un cinco e un dez por cento de desconto en preto de 30 establecementos de Monforte, que inclúen restaurantes, librarías, postos da Praza de Abastos, tendas de comercio local, entre outros moitos máis.  

As persoas interesadas poden contactar a través da páxina web ou por email en ola@ateneocasino.gal.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Primavera de Portas Abertas’ na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

Na Ruta do Viño da Ribeira Sacra as actividades desenvolveranse entre o 24 e o 26...

600 participantes no Pretorian Race Sarria Xtreme, que se celebra este 4 de maio

A Pretorian Race é unha carreira de 8 quilómetros con 40 obstáculos que ofrece diferentes categorías:...

A Festa dos Avós de Láncara reuniu a 500 persoas

José Tomé felicitou ao rexedor e ao seu equipo de goberno por potenciar este...

Do 9 ao 17 de maio, actividades do Concello de Monforte con motivo do Día das Letras Galegas

O 9 de maio, ás 6 da tarde, a Casa da Cultura acollerá a...